Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Debido ás novas necesidades reforzamos o Programa de Atención Integral a domicilio. Este programa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas dotándoas das habilidades básicas necesarias para manter unha vida independente axeitada. Trabállanse, polo tanto, aspectos como a hixiene e o coidado persoal, a limpeza e a organización da vivenda, a xestión de recursos económicos, o asesoramento e o acompañamento a outras xestións (médicas ou outras), etc.

Actualmente no CRPL de Betanzos contamos cun total de sete persoas que viven soas e unha parte delas requiren do asesoramento ofertado neste Programa.

 

VOLVER