Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

APEM Betanzos está a desenvolver de forma pioneira o Proxecto de Sensibilización “Teño 2 papás”, proxecto dirixido a alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Vales Villamarín. Ten por obxectivo último erradicar o estigma asociado á enfermidade mental e tratar a realidade de moitos nenos e nenas que están a convivir con persoas que a padecen.

Neste proxecto interveñen diversos axentes sociais:

  • Profesorado e alumnado do centro educativo
  • Usuarios do C.R.P.L., voluntariado e traballadoras de APEM Betanzos : elaboración de decorados, tramoeiros e asistencia na reportaxe audiovisual.
  • Teatro Ghazafelhos: representación da obra
  • Xosé Tomás: ilustración
  • César Fotógrafos: grabación

O medio de transmisión da mensaxe escollido é o teatro. O vindeiro mércores día 18 representaráse a obra “Teño 2 papás” (elaborada por APEM) a través da cal nenos e nenas irán desvelando o misterio dunha nena que afirma ter dous papás distintos…

Logo da representación, en sesións nas aulas, as profesoras traballarán co alumnado un material elaborado por APEM.

Adiantamos como aperitivo a imaxe da obra do Proxecto.

11053274_795896903838841_4220454018773693121_n

VOLVER

Un comentario