Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Gracias á colaboración do Concello de Betanzos, no mes de abril iniciamos o proxecto de equinoterapia cos nosos usuarios do CRPL de Betanzos. As sesións teñen lugar en grupos reducidos nas instalación de Equinosens, centro especializado en terapia asistida con cabalos.

Entre os obxectivos deste proxecto destacan mellorar capacidades en diversas áreas, tanto a nivel de forma física, como de benestar psíquico e emocional. Cada sesión é unha aprendizaxe a través do cabalo, como axente que suministra ós participantes tranquilidade, seguridade e autoestima.

A valoración tanto das persoas participantes como dos profesionais é, ata o de agora, enormemente satisfactoria, polo que agradecemos enormemente ó apoio do Concello de Betanzos.

VOLVER