Non todo pode ser estupendo, ou polo menos non o é, e como evitar o tema non axuda a solucionalo temos que falalo. RefÃrome á ansiedade, iso que nalgún momento podemos ter en maior ou menor grao e que cantas máis ferramentas teñamos mellor poderemos levar.
Deste xeito, tivemos unha sesión moi interesante sobre dito tema. Empezamos escoitando esta canción: Carta a mi ansiedad – https://www.youtube.com/watch?v=rWoYT2yFKZI. Os chicos e chicas opinaron que era unha canción dura e que angustiaba escoitar todo iso pero ao mesmo tempo moi real e coa que se sentÃan identificados. A partir disto comezamos a escribir un décalogo, uns consellos que recollesen o que a eles lles axuda a estar mellor e que quizais poidan axudar a máis persoas. O resultado foi o seguinte:
—  1. Falar do que nos preocupa ou do que queiramos con alguén
—  2. Camiñar-pasear-facer deporte
—  3. Escoitar música-tocar algún instrumento
—  4. Controlar a respiración-técnicas de relaxación
—  5. Tomar unha infusión
—  6. Entreterse-distraerse en internet
—  7. Practicar artes marciais relacionadas coa relaxación
—  8. Escribir-ler
—  9. Debuxar-facer manualidades
—  10. Ver a televisión-ir ao cine
—  ENFRONTALO
Que vos parece? Podedes comentarnos máis ideas se se vos ocorren!