Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Nunha sociedade consumista como a nosa, hai que darlle cada vez máis valor ós productos elaborados de forma artesanal así como á reutilización de algúns productos dándolle un novo uso. En Betanzos pasamos pola reciclaxe de papel, as manualidades con corchos de botellas, cartón, e por último estamos neste momento cos tarros de cristal. Son tantos os tarros que nun fogar consumimos ó longo do ano, e que tiramos, podendo dárlles un novo uso ben sexa como almacenaxe ou como decoración. Dende portafotos e portavelas  a xarróns. Non é necesario gastar moito para ter unha decoración única e especial e de paso colaborar con unha entidade como a nosa.

 

Betanzos 1 Betanzos 2

VOLVER