Fai uns meses comentábamos, noutra noticia, que estabamos a recoller tapóns de plástico para Dani, un rapaz de A Barcala (Cambre) con parálise cerebral que precisaba os cartos recadados da reciclaxe dos tapóns para afrontar un custoso tratamento. Pois ben, alegrámonos de informarvos de que Dani xa conseguiu todos os cartos que lle facían falta para o seu tratamento!
Sen embargo,no noso centro temos unha caixa chea de tapóns e pensamos que, se Dani xa non os necesita, outro rapaz os pode necesitar; polo que nos puxemos en contacto ca Asociación Amigos de Galicia, que teñen unha campaña de recollida de tapóns para axudar a diferentes familias da nosa comunidade a facer fronte os custosos gastos dos tratamentos que precisan os seus fillos.
Déixovos a páxina web da Fundación e número de teléfono por se alguén estaría interesado en colaborar. A nós non nos costa nada, e para eles pode supoñer un gran cambio.
Fundacionamigosdegalicia.org
Teléfono: 981576034