Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Este ano en APEM e de diferentes maneiras o deporte tivo unha forte presencia xa que os beneficios de practicalo son coñecidos por todos pero nós este ano  repetimos e aínda fomos máis alá.

Por unha banda, paralelamente a programación deportiva que temos dende fai anos no CRPL participamos en diferentes e novidosos eventos deportivos como:

A II Legua Irmandiña realizada en Vimianzo e tamén fixemos diferentes etapas do Camiño dos Faros Inclusivo, para nós foi moi importante xa que nos axuda a estar máis activos e saudables. Ademais permitiunos compartir momentos de ocio con outras entidades de persoas con diversidade funcional

Pero o proxecto que repetimos neste ano é un que xira entorno o deporte pero dende outro punto de vista.

A comezos do ano pasado a organización do circuíto de carreiras pedestres “Correndo pola Costa da Morte” propuxéronnos unha colaboración que consistía en converternos en verdadeiros reporteiros.

O noso traballo era ir a cada unha destas carreiras e realizar entrevistas que axudaran a dar a coñecer todo o que alí acontecía. Tiñamos sempre a unha persoa que se encargaba de gravarnos e nós íamos facendo preguntas ós propios corredores, ós organizadores e ós espectadores.

As respostas que nos ían dando axudábannos a entender moito mellor este deporte e a darnos conta de todo o traballo que había detrás de cada corredor. Ver correr a todos os participantes, admirar a súa capacidade de loita e esforzo aportounos ganas de seguir loitando para superar a enfermidade mental. Ó finalizar elaboramos un vídeo que recollía algún dos mellores momentos vividos ó longo das dez carreiras que tiveron lugar e que se proxectou na gala de deportes que se celebrou en Cee.

Como o proxecto gustou a todos os que puideron desfrutar deste evento, este ano quixemos participar de novo e engadimos unha nova forma de facernos visibles. Incorporamos unha pantalla táctil onde os asistentes poderán interactuar e obter información da asociación. A iniciativa causou furor e mentres transcorrían as carreiras tivemos moita xente que se interesou por visitarnos. Isto non fixo mais que comezar…….. vémonos na seguinte carreira.

IMG-20170323-WA0002

IMG-20170312-WA0004

VOLVER

Un comentario

  1. resporteros visita actividades depotivas etc videmo ver v1 promocion de carnota dias 13 a 16 abril concello de carnota