Esta pasada semán puxemos en práctica un Taller de Resiliencia.¿ Pero en que consiste esta palabra tan rara?…..a grandes rasgos….e a capacidade do ser human para facer frente as adversidades da vida, superalas, e ser transformado positivamente por elas.
Para chegar a esta conclusión estudiaronse os factores de risco que aparecen cando os procesos de forma de vida,, de traballo, de relacions políticas ou culturais se caracterizan por unha profunda discriminación social. A pobreza, a vida chea de estresores, sobrecargas físicas, exposición a perigos, poderiamos consideralos tamen “ procesos destructivos” e que caracterizan determinado xeito de funcionamento social.
Para sair de estas situacións de adversidade, superalas,e sair delas fortalecido e transformado, as persoas toman factores de resiliencia que se visualizan nas seguintes expresións:
-“Eu teño” no meu entorno social.
-“Eu son” e “Eu estou” que nos falan das fortalezas e condicions personais.
-“Eu podo” que ten que ver coas nosas habilidades.
A partir de estas afirmacións tratase de buscar factores que resulten protectores.
Pois sobre esto e moito mais empezamos a traballar esta semán, con gran atención por parte dos usuarios. Con exemplos nos que se vian retratados, e sendo que obtiveron da aprendizaxe ferramentas para sacar algo positivo para o futuro de situacions adversas para eles e as suas familias.