O sábado pola mañá, reunímonos para coñecer da man dunha guía o Museo das Mariñas, museo que garda tesouros impresionantes da nosa historia e moitísimas curiosidades. Acompañounos nesta actividade a alumna do programa “Deseñando o teu futuro”. Alí atopamos:
– Osos de balea
– Tumbas dos Andrade
– Proxectores antigos de cine
– Mostra de traxes típicos de distintas zonas de Galicia
– Unha estatua dun Santiago Peregrino del siglo XIV, a representación máis antiga desta figura en Galicia
– Maquetas variadas
– Sala do apostolado da Escola de Rubens, con trece cadros e varios grabados procedentes de Amberes
Tedes unha pequeña mostra no seguinte vídeo https://www.youtube.com/watch?v=BxarwCnf1Jo