Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Un grupo de usuarios do CRPL de  Carballo seguimos  a colaborar co Concello nas tareas de creación e coidado dun Xardín da zona do Rego da Balsa en Carballo. Requírenos acudir todos os días para a tarefa de regado e una tarde a semán de plantación e preparado.

Estamos facendo esta labor gracias a un acordo de APEM co Concello.

Sírvenos como instrumento rehabilitardor, ofrecéndonos a posibilidade de adquerir en algúns casos hábitos anteriores, así como hábitos básicos de calquer traballador  (asistencia, puntualidade, ritmo de traballo etc). O taller tamén nos aumenta a autoestima, xa que comprobamos que se poden facer cousas que nos propoñemos, e vendo de día en día os resultados, sendo estes moi positivos.

 

Carballo-Xardin rego da Balsa

VOLVER