Esta semana a nosa familia da residencia de APEM Cee fixo unha saÃda moi refrescante, entretida e didáctica ó parque de Toba.
Tratándose de combater as altas temperaturas deste mes de agosto e de levar a cabo unha actividade diferente, moi saudable e recomendable, a mellor das opcións presentouse na sombra do parque dos muiños de Toba cun bo libro na man.
Suskind, GarcÃa Márquez, Suso de Toro e moitos outros autores e autoras acompañáronnos nesta tarde de lectura e relaxación baixo a espesura dos carballos, piñeiros e castiñeiros desta incomparable paraxe natural.
Por suposto houbo tempo para tomar un par de pezas de froita fresca e de aliviar a sede e os calores coa auga das fontes que ata alà chegan procedentes dos montes dos arredores.
Logo dun par de horas sumidos nunha profunda lectura rodeados dun silencio tan só adornado polo canto dalgunha ave de verán e polo bulir do rÃo que atravesa este particular verxel, regresamos á vivenda, algúns pensando xa na cea, e outros na próxima vez na que se encontrarÃan navegando novamente xunta Moby Dick, calculando a insoportable levedade do ser ou escoitando cun sorriso outra mentira piadosa de Pinocho