O Concello de Cambre acaba de conceder unha subvención a nosa asociación para o desenvolvemento dun proxecto deportivo dirixido a persoas con enfermidade mental do Concello para o ano 2020. Dito proxecto ten por obxectivo principal promover entre o noso colectivo a práctica deportiva como parte do proceso rehabilitador, realizándose a maiorÃa das actividades no propio Concello de Cambre.
