18May, 2015

LIMPEZA DO RÍO MERO

Por: | Etiquetas:: , ,

O pasado sábado 9 de maio un grupo de usuarios e traballadores do centro de Apem Cambre participaron nunha actividade organizada polo voluntariado do Concello de Cambre e un grupo de estudiantes de educación primaria da Universidade da Coruña. O reto consistía en limpar, e reciclar despois con nenos do concello, o lixo acumulado nas marxes do paseo do río Mero. Tras unha dura xornada retiráronse gran cantidade de restos tanto do camiño como das marxes, quedando todos moi satisfeitos co traballo realizado.    
Sigue Leyendo

11May, 2015

O equipo de fútbol sala de Cambre… imparable

Por: | Etiquetas:: ,

Unha nova victoria do equipo de fútbol sala do CRPL de Cambre. Nunha asoballante racha de resultados (tres victorias) o equipo de Cambre consolidase como a revelación desta temporada. O xoves tocóulle sufrir a racha afortunada ós compañeiros de Porta Nova que caeron nun apretado partido por 8-3. Destacar a deportividade e bo ambente por parte dos dous contendentes.
Sigue Leyendo

4May, 2015

Un maio moi cargado…

Por: | Etiquetas:: , , , ,

En Apem Cambre estremamos un calendario de maio que ven cargadiño de plans e eventos de todo tipo. Mañá recibiremos na casa ao equipo de fútbol de Porta Nova para disputar o partido de volta da liga de FEAFES, para o cal xa estamos adestrando e preparándonos;  e sen deixar o deporte de lado, esta fin de semana, algúns dos nosos chicos participarán nun roteiro  ao carón do río Mero, co obxectivo de adecuar e acondicionar o camiño e limpar o lixo que se acumula neste, e por suposto pasar […]
Sigue Leyendo

27Abr, 2015

«Tapones para Dani»

Por: | Etiquetas:: , , , ,

Esta semana os usuarios e traballadores de Apem-Cambre comezamos a recoller “tapones para Dani”. Dani é un rapaz con paralise cerebral que vive na Barcala e que necesita os cartos para unha terapia moi cara a que esta sendo sometido. Con esta iniciativa de recollida de tapóns de plástico pretendemos colaborar coa súa nai que é a responsable desta campaña solidaria.          
Sigue Leyendo

20Abr, 2015

Un dos partidos máis reñidos deste ano

Por: | Etiquetas:: , ,

Este xoves  no polideportivo do barrio das flores estoupou unha bomba deportiva.  Por primeira vez en sete anos o equipo de futbol sala de cambre derrotou ao equipo de A Coruña dentro do campeonato def útbol sala. Que organiza FEAFES. Apesares das moitas baixas que padecía o equipo de Cambre e tras un disputadísimo encontró, a fortuna sorríu aos cambreses gañando por un apretado 4-7. Sen dúbida un partido que pasara á historia do noso equipo.  
Sigue Leyendo

6Abr, 2015

Sesión sobre o coidado capilar

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado día 31 impartíuse no CRPL de As Mariñas un obradoiro de coidados capilares. Sara, perruqueira profesional, explicou aos participantes os tipos de cabelos e os seus coidados básicos. Ademais varios participantes fixeron sendos cortes de pelo cos que quedaron moi satisfeitos. Esperamos poder repetir a experiencia . Gracias Sara.
Sigue Leyendo

24Mar, 2015

Partidazo APEM Cambre vs Apem Cee

Por: | Etiquetas:: , ,

Esta semana xogamos por fin o esperado encontro de fútbol sala entre Apem Cambre e os nosos compañeiros de Apem CEE. Foi un encontro con convocatoria accidentada xa que se aprazara por unha avaría na furgoneta do equipo de Cee.  Solucionados os problemas mecánicos xogóuse un partido no que coma sempre o de menos foi o resultado, e o de máis o ambente de compañerismo entre os xogadores dos dous equipos. O tanteo final foi Apem Cambre 7 Apem Cee 3. Estamos desexando devolverlles a visita aos nosos compañeiros da […]
Sigue Leyendo

16Mar, 2015

Visitando a Casa Rosa

Por: | Etiquetas:: ,

Este xoves fixemos unha visita á casa rosa o personal, e usuarios do CRPL As Mariñas. Acompañados dos arquitectos que van levar as obras de reformas houbo oportunidade de  que todos os integrantes do CRPL aportarán as súas ideas e impresións sobre a que será a nova sede do CRPL. Agradecer a sensibilidade dos técnicos moi interesados en coñecer as opinións dos que faran uso das instalacións no futuro.
Sigue Leyendo

9Mar, 2015

En Cambre tamén celebra o 8 de marzo

Por: | Etiquetas:: , ,

Con motivo do día Internacional da muller, que tivo lugar onte 8 de Marzo, en Apem Cambre quixemos sumarnos a celebración deste día e aportar o noso graniño de area para loitar pola igualdade, a través dunha actividade na cal analizamos un breve vídeo que nos  mostra unha serie de micromachismos presentes na  nosa sociedade. Deste xeito, observamos que aínda queda bastante camiño por recorrer e que nas nosas mans está cambiar a realidade machista que estamos a vivir, sen esquecer que, ¡¡ o día da muller son todos os […]
Sigue Leyendo