Gracias ó patrocinio de Vegalsa Eroski e a colaboración de Gadisa, estamos levando a cabo o taller de cociña e alimentación saudable cos nosos usuarios do CRPL de Betanzos. As sesións, teóricas e prácticas, lévanse a cabo en grupos reducidos, catro veces á semana.
Entre os obxectivos deste proxecto destacan mellorar capacidades en diversas áreas, como a atención, a planificación e o traballo en equipo. A cociña como ferramenta para o autocuidado é o centro deste proxecto que busca mellorar a saúde e o benestar dos participantes, incidindo de maneira positiva na súa autonomía e autoestima.
A motivación e implicación dos nosos cociñeiros e cociñeiras demostra o éxito dun proxecto que non sería posible sen o apoio total do noso patrocinador, Vegalsa-Eroski.