Este pasado xoves, realizouse de novo Taller de Cociña coa monitora Silvia e numerosos usuarios, xa que é un Taller con moita demanda.
Como corresponde co clima que temos tocou un plato de culler, esta semán lentellas, con todos os seus ingredientes, que os chicos axudaron a preparar, lavando, pelando, picando lavando e dispoñendo a menaxe, que tamén toca, todo elo con moito entusiasmo.
Con este taller vimos traballando as as diversas Actividades da Vida Diaria, facemos comida san, aprendemos a comer de todo, fomentase o compañeirismo e a colaboración nas tarefas e sobor de todo pasamos unha tarde distinta con un final saboroso.
Bo proveito e a ver que toca para a semán que ven.