Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta semana decidimos presentámosvos os nosos invernadoiros. Onde producimos todo tipo de hortalizas: tomate, leitugas, berenxena, brócoli, xudia, cabaciña, cogombro, pementos de Padrón, pementos morróns,… sempre dende un punto de vista eco-lóxico.

Neste taller ademais de cultivar hortalizas tamén traballamos as funcións cognitivas: manter sentido de medidas (longo, groso,…)

Facemos exercicio físico: Estímulo de habilidades motoras grosas (anicarse, anesgarse, brazos, mans) e finas (poñer elástico, enganchar arame, separar partes da planta,…).

Estímulos sensoriais: aroma das plantas, cor das flores, texturas das follas.

Habilidades sociais: traballo en equipo; un leva as canastras, outro as tesoiras; un poda, outro separa, outro amarra,…

En próximas entregas amosarémosvos os froitos do noso traballo!!

2015 05 13 10.13.49

VOLVER