A dificultade para falar en público, é algo que comparte moita xente, por iso en APEM Betanzos, decidimos practicar primeiro cun público coñecido…
Aproveitando os traballos realizados no taller de creación literaria, organizamos un taller de oratoria para poder traballar aspectos básicos para falar en público: tono da voz, dicción, entonación, velocidade no discurso, contacto visual, etc….
Por outro lado, no noso taller literario seguen a aparecer talentos que estaban agachados, ben por falla de iniciativa ou por descoñecemento das capacidades propias.
Ás veces só é necesario probar para descubrir novos talentos.
Algúns relatos están sendo publicados no blog do C.R.P.L. BETANZOS, por se vos pica a curiosidade, deixamos o enlace.
https://nonsopalabras.wordpress.com