Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Ás 11:00 da mañá o alumnado do Vales Villamarín quedou pasmado ó ver chegar unha nena chamada Sabela montada nun patinete…….

Sabela foi contando a súa historia, desvelando o misterio dos seus pais Ignacio e Nacho.

Ó longo da representación, guiados polo Teatro Ghazafelhos, traballadoras, voluntariado e usuari@s do C.R.P.L. Betanzos invertiron os seus esforzos e o resultado foi excelente!!!!

Temos que agradecer ante todo ó C.E.I.P. Vales Villamarín por prestarse a colaborar, á compañía teatral Ghazafelhos por transmitir dunha forma increíble a mensaxe, a Carmen a fotógrafa profesional da representación e a Xosé Tomás pola magnífica ilustración do proxecto.

Moitísimas grazas a todos e todas por formar parte deste proxecto.

https://www.facebook.com/apemcoruna/posts/796873873741144

Betanzos

VOLVER