Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Desde o obradoiro de psicoeducación traballamos as enfermidades mentais e intentamos fomentar destrezas nas persoas afectadas que melloren ás súas capacidades relacionais, e como non, aumenten a capacidade de resolución de problemas e diminúan o risco de recaída. Intentamos sempre facelo desde diferentes ópticas, para que os participantes coñezan todas as visións e teorías sobre as enfermidades e así poidan valorar os pros e os contras de cada unha delas, fomentando así o espírito crítico e o coñecemento. Nesta ocasión o traballo centrouse na esquizofrenia e a importancia dunha boa comunicación, sempre facendo fincapé en que estamos ante un trastorno complexo no que inflúen moitos factores de xeito poderoso no seu pronóstico (toma de medicación, apoios sociofamiliares, vida saudable…), factores que se foron traballando en obradoiros anteriores; pero tendo en conta que tamén se traballa nun taller de Habilidades sociais quixemos facer un nexo entre ambas actividades buscando a transversalidade. Centrámonos en facer conscientes ós nosos usuarios que unha comunicación axeitada e clara en tódolos niveles da vida ademáis de facilitar as interaccións persoais, pode incluso previr situacións incómodas que leven a un momento de estrés non resolto, recordándolles que “Toda conducta es comunicación y no puede no haber comunicación” Watzlawick, P. (1991).

 

Carballo

 

VOLVER