Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado xoves 5 de maio todos @s integrantes de Apem Cee e Vimianzo achegámonos ata os arredores da casa consistorial de Cee. Alí  estaba aparcado o aulabús de Ambuibérica  no que ó longo da mañá tivemos a sorte de asistir a un cursiño de seguridade vial e primeiros auxilios. Aínda que por razóns obvias non estaba en marcha, a sensación de estar sentados/as no vehículo recibindo as explicacións do monitor foi moi diferente e curiosa, e resultou de gran proveito para tod@s.

¿Que facer ante un posible accidente? ¿Como reaccionar ante un desmaio? Todos saímos sabendo un pouco máis  sobre estes temas, e ata puidemos facer prácticas de RCP (reanimación cardiopulmonar) nun torso especial para a simulación! Tampouco faltaron  as risas, cando unha das participantes propuxo ironicamente o Loctite como posible solución a unha ferida aberta!!

En definitiva foi unha xornada especial, ben aderezada con humor, coñecementos novos, prácticas, un agradable paseo e… todo de gorra! Ou mellor dito, todos con gorra, que foi o regalo que cada un e cada unha de nós trouxo consigo xa de volta ao centro, cortesía de Ambuibérica.

Xa saben veciños e veciñas da zona, poden vivir un pouco máis tranquilos, Apem Cee-Vimianzo está lista para intervir ante calquera posible incidente!

2016-05-06_17.26.33

VOLVER