O martes 10 APEM Coruña- Sagrada e APEM Betanzos asistimos a unha visita guiada por Betanzos. Da man da guía, coñecemos mellor a historia de Betanzos e dos seus edificios históricos. Curiosidades que vos deixamos para que investiguedes máis:
– Na Igrexa de Santa María atopamos un Calendario Agrícola esculpido nunha columna da Igrexa. Cada persoaxe deste calendario está escenificando unha tarea relativa a cada un dos meses do ano. Un agasallo dos Andrade para que os seus vasallos non esquecesen as súas obrigas…
– En Betanzos había orixinariamente 5 portas de entrada á vila e cobrábase un imposto por entrar.
– Existiu o primeiro “centro comercial” de Galicia, un local donde se vendían diversos productos e logo pagabas ó saír….
– Roubaron as imaxes do retablo da Igrexa de Santa María nos anos 80….un tal “Eric El Belga”, presuntamente, xa que nunca se demostrou que fose él….