O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou as súas XIII XORNADAS DE PSICOLOXÍA E SAÚDE: “Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés dende o comunitario” en Betanzos. Dende a súa organización, puxéronse en contacto con APEM para que fosen Kerámicos os encargados de realizar os agasallos para os poñentes. Ademáis permitíronnos dar a coñecer a través dun posto informativo a nosa asociación ós participantes das Xornadas.