O pasado venres 12 celebrouse en A Coruña o XIX Congreso de FEAFES e dende a Comarca de Soneira – Fisterra, a pesar de estar lonxe, non podÃamos faltar! Polo que un grupo de familias, usuarios/as e traballadores/as de APEM que non tiveron medo ao madrugón foron en autobús dende Cee, parando en Vimianzo e Carballo.
No Congreso abordáronse tres temas fundamentais como os da vivenda, o traballo e a exclusión social. Destacamos a ponencia sobre vivenda na que participou Mª José, que nos relatou a todos os asistentes a súa experiencia nun piso protexido de APEM, foi conmovedor e dende aquà queremos felicitala! E asà o fixeron dende a Radio Ser – Nordés os participantes na tertulia semanal, que adicaron ao Congreso.
Tamén queremos agradecer a Pepe Formoso a súa participación, e o seu amable saúdo a APEM cando presentou a mesa que estaba a moderar.