Este pasado xoves , celebramos unha xornada de convivencia , coa Asociación ASPABER, dedicada a dar atención a persoas con diversidade funcional, na que se levou a cabo a cuarta sesión do taller de estimulación cognitiva a través de artes escénicas impartido por Olalla Trigo, membro da Asociación APAMS de Barcelona; ademais colaborarón en esta actividade, como en outras ocasións, os alumnos de Integración Social do instituto “Tomas Barros”de A Coruña.
Foi unha mañán na que se realizaron varias dinámicas relacionadas coas artes escénicas,rematando a xornada con unha representación da obra de teatro “Unha de romanos” posta en escena polos usuarios de APEM Carballo.
A sesión realizouse nas instacións da Asociación ASPABER.