Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Este pasado xoves e aproveitando que nos recentes Talleres de Actividades da Vida Diaria abordouse o tema dos alimentos, Monitores, Voluntarias e  Usuarios acercamonos a Feira de Carballo, que se celebra todos os xoves e segundos e cuartos domingos, ademais do último domingo de cada mes se este conta con cinco.

A feira e herdeira das antiguas de Rus e Verdillo, onde os vecinos se acercaban para poner a venta os seus productos naturais cultivados nas suas propias hortas. Celebrase na praza do Concello e nela atópase todo tipo de artículos agrícolas e artesanías provintes da contorna: ovos, grelos, froitas, leitugas, tomates e demais productos da horta, que veñen directos do campo sin consevantes nin envoltorios.

Os días de feira Carballo enchese de bulicio, e nestes días a xente que se achega aproveita para facer  “shoping”, xa que as tendas incluso os domingos están abertas, e tentando recuperar folgos con alguna tapiña de callos e alguna beberaxe.

Os nosos usuarios ademais de disfrutar da soleada mañan paseando  arredor dos postos  traballaronse as características e beneficios de cada un dos alimentos, así como dos precios  e maneira de cociñalos, e como sempre se merca algo,  de paso axudamos a contribuir a economía e a enriquicer o noso tecido produtivo.

 

Xoves de mercado en carballo 2 Xoves de Mercado en Carballo Maio 2016

VOLVER