O pasado mércores 22 un grupiño de usuarios e profesionais de Apem Cambre desprazámonos ata A Coruña para visitar o XXI mercado das marabillas, a feira medieval que tivo cita esta semana na cidade vella da Coruña.
Dotados duns bocatas para o almorzo fomos dispostos a pasar o dÃa e perdernos polas rúas empedradas e decoradas con pendóns e baderillas, disfrutando dos espectáculos que amenizaba a feira. Deste modo, sufrimos un pouco co atrevido faquir, bailamos ao son das gaitas e tambores e percorremos as rúas tras cabaleiros e rufiáns que alà se concentraron.
Todo isto ocorrÃa entre unha mestura de olores diferentes e un sen fin de postos de artesanÃa, polo que tamén caeu algún que outro capricho ou algún agasallo para a familia.
Quédanos a espiñiña de non poder ver o espectáculo de cetrerÃa, que ese dÃa non tiña actuación, e as xustas dos cabaleiros; polo que esperamos voltar para o ano que ven e repetir a magnÃfica experiencia!