Este ano en Apem Vimianzo tiven a oportunidade de ir a un balneario nas termas de Cuntis.  Estivemos no seu hotel e tamén acudimos ó circuito termal onde tivemos a oportunidade de bañarnos  e deixarnos fluÃr naquelas relaxantes augas.
Esta experiencia permitiunos desconectar, pois estas termas son moi boas para eliminar estrés e inducirnos a un estado de relaxación que nos vai permitir ter un bó sono reparador durante a noite. Aconsello a todo o mundo a que acodan ó balneario sempre que poidan pois axuda a despexar tensións emocionais Os chorros de auga saen con moita presión e axudan a descontraturar puntos no corpo con tensións.
Se tendes fillos podedes levalos tamén porque alà calmaranse a par que fan unha actividade recreativa diferente, non corren ningún perigo xa que están vixiados polos socorristas e danlles flotadores.
Os beneficios psicolóxicos que aportan estas augas fan que sexa unha terapia ó alcance da maior parte da xente porque non acostuman a ser moi caros para todo o que nos aportan.  Eu, agora que o descubrÃn espero poder repetir máis veces!
Lourdes Rial Allo, cplaboradora do CRPL VIMIANZO