Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Dinámica de San Xoán

En Carballo coincidindo coas festas de San Xoán,tamen fixemos a nosa fogueira purificadora, ainda que non con lume, faltaronnos as herbas e a auga de rosas para celebrar todo o ritual purificador, e  como se fósemos bruxas e meig@s practicamos o aquelarre con unha dinámica de grupos para reter todo o bo e desbotar todo […]

Taller de Prensa en Carballo

En Apem Carballo facemos todos os días a primeira hora Taller de Prensa que eu considero como moi bo para os enfermos mentais. Penso  que nos axuda a manter a memoria mais activa e a non perder o fio da lectura. O funcionamento do taller e da seguinte maneira: Despois de darnos os bos días […]

Eu vivo nun piso de APEM en Carballo

Estou moi satisfeito no piso de Apem Carballo no que levo convivindo con 2 compañeiros desde hai uns 6 anos. Cada usuario temos que pagar polo banco unha cota mensual. Entre os meus compañeiros e  eu  temos unha boa convivencia, xa que  nos entendemos ben e normalmente non discutimos. Xunto coa monitora de pisos (Mónica) […]

PARTICIPAMOS NO PROXECTO e-MOTIONAL TRAINING

Esta pasada semana profesionais de APEM-Carballo acudiron á presentación  de e-Motional Training no salón de actos de ACIS a Axencia de Coñecemento en Saúde, entre outras personalidades do SERGAS a presentación do programa estivo a cargo de Alexandre García Caballero, Prof. Asociado de psiquiatría USC, e Psiquiatra Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, quen se encargou […]

Tardes de xardinería

En Carballo continuamos coa colaboración co Concello para o mantemento do pequeno xardín do aparcamento do Rego da Balsa, utilizando  as plantas e a natureza para mellorar o benestar físico e mental dos nosos usuarios  axúdanos  o mesmo tempo a integración de un xeito normalizado. Realizamos o mantemento dependendo sempre da climatoloxia e a verdade […]

Tempada de teatro

Esta temporada en Apem Carballo estamos cos preparativos da obra de Teatro “Unha de romanos”, con vistas a poñela en escea no Festival de Teatro e Saúde Mental  que se realizará este verán en A Coruña. A obra xa foi representada en outras ocasións e en outros escenarios,  sendo que en esta última versión ven […]

Formación a cargo de FEAFES Galicia

Esta pasada semán persoal de Apem Cee e Apem Carballo,  participamos  en  Santiago en un  Cursiño de formación organizado por Saúde Mental. Feafes Galicia no cal a temática era:  “Responsabilidad Legal en las Actividades de Ocio y Tiempo Libre”. Nela  os poñentes, integrantes da Asesoría Xurídica de Feafes Galicia, informaron sobre o Marco Normativo dos […]

Cine, ocio e lecer

Sabemos que o cine converteuse en parte integrante da nosa cultura, no cal nos vemos reflexados todos e todolos días, e por eso que con este afán normalizador, puxemos en marcha xa desde hai unha temporada a Actividade “Tardes de Cine” en Apem Carballo, consistente en desprazarnos a un Centro Comercial (Marineda City) e despois […]

Educando en hábitos saudables

Como é ben sabido a saúde mental está íntimamente ligada á saúde en xeral, os vínculos entre a saúde física e a mental son bidireccionais. O feito de padecer unha mala saúde física incide de xeito negativo na saúde mental, así como o benestar emocional fai un papel protector de cara a mellorar os resultados […]

Venres culturais en Carballo

Aproveitando a boa e variada oferta cultural do Concello de Carballo os usuarios e persoal do CRPL acudimos os venres en sesión de noite a varias representacions de teatro e música do Programa das Venres Culturais que teñen lugar no Pazo a Cultura da Vila. En eles atopamos teatro, rock, arte, un pouco de todo […]