Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta semana por fin chegou o noso turno para irnos de vacacións!

O pasado xoves arrancamos dende Vimianzo e Cee cargados de ganas de pasalo ben dirección Hío, pero antes de comezar a nosa viaxe fixemos unha parada no Ézaro para facer unha ruta en kayak pola zona da cascada!! Foi unha experiencia que xa facía tempo que tiñamos ganas de probar e como era de esperar […]

En Vimianzo estamos de estreo…

… ¡Temos un novo local para o CRPL! Tras unha semana de intensa mudanza e lavado de cara co montaxe e desmontaxe dos mobles e a nova pintura nas paredes, hoxe estamos a pleno rendemento no novo local. Todavía nos quedan cousiñas por pulir pero estamos moi contentos de contar con este novo espazo, está […]

Cea Solidaria polo Día Mundial da Saúde Mental

Este ano o Día Mundial da Saúde Mental celebrarase baixo o lema Ponte no meu lugar, conecta comigo, que pretende facer un chamamento a sociedade para que se poñan nos zapatos dunha persoa con trastorno mental e camiñen con eles, sen dúbida, o mellor xeito de entender esta realidade. Con tal motivo en APEM Cee e […]

¡Taller de cociña!

Esta semana en APEM Cee pasamos unha tarde de respostería facendo madalenas e un biscoito con chocolate. Foi divertido aprender a seguir unha receita, pesar todos os ingredientes, tamizar a fariña e ver o resultado, bueno, sobre todo probalo! Porque nos saiu todo riquísimo! Foi un gran traballo en equipo e esperamos repetir!

Festas da Xunqueira en Cee

Este fin de semana estivemos de festa en Cee, o tempo non acompañou, pero eso non nos impediu disfrutar delas ao máximo! O sábado para quentar motores estivemos na sesión vermú coa Orquestra Ritmo Joven e pola noite vimos os fogos de artificio. O domingo acudimos a praza a ver a actuación de Soraya, pasámolo […]

¡Chegou Agosto! E con el…

 … As tardes libres para adicarlle ao ocio! Xa a comezos da semana planificamos en grupo todas as actividades que nos gustaría facer, xa que a maiores de ter as tardes libres, este mes son as Festas da Xunqueira en Cee e temos unha programacion moi interesante! Aquí vos deixamos fotos dalgunha das cousas que […]

Entrevista mensual na Radio Nordés

Este mércores entrevistamos a Ánxela, unha vimiancesa de quince anos e a primeira aloitadora que participa na Rapa das Bestas de Vimianzo. Pode que sexa a primeira muller e a máis nova de toda Galicia en conseguir algo así. Durante a entrevista contounos cales son as súas afeccións e obxectivos de futuro, sempre ligados aos […]

XV Feira Medieval de Corcubión

Este fin de semana dende o CRPL de Cee e Vimianzo acudimos a XV Feira Medieval para dar a coñecer o traballo da asociación, foi todo un éxito e tivemos a visita dos nosos usuarios e usuarias que viñeron a ver como se vendía o seu traballo nos talleres, quedaron tremendamente contentos! Temos que agradecer […]

XORNADA DE CONVIVENCIA E SENDEIRISMO

Esta semana os centros de Carballo, Cee e Vimianzo fómonos todos xuntos adentrarnos nun dos bosques atlánticos de ribeira que mellor se conserva de toda Europa, as fermosas Fragas do Eume!Unha ruta chea de aventuras e anécdotas que nos deixou con ganas de coñecer aínda mais!Logo tivemos un xantar no que sentimos como principes e […]

Combatindo a calor…

Esta semana na Costa da Morte tivemos temperaturas mooooi elevadas así que este xoves decidimos pechar o CRPL e ir a pasar a tarde todos xuntos baixo as árbores e ao ladiño do río. Un lugar precioso no que tiñamos de fondo o murmurar da auga pasando polos antigos muíños rehabilitados, pero sobre todo un […]