Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Benvida a bordo Alejandra

Ultimamente en APEM Cee estamos de sorte. Fai pouquiño tempo despedíanse de nós dúas rapazas marabillosas, Cristina Canosa (estudiante de Traballo Social) e Uxía Sar (estudiante de Terapia Ocupacional), tralo seu voluntariado durante os meses de xullo e agosto. Coa súa colaboración contribuiron a enriquecer  as propostas para os nosos usuarios e as nosas usuarias […]

SEGUNDA CEA SOLIDARIA!!!

Xa temos todo posto a andar para xuntarnos un ano máis. Baixo o lema “SON COMA TI, pese que non o saibas” pretendemos facer un chamamento á empatía e a unión de todos. Para esta labor xuntámonos as Comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños e queremos facervos unha macro invitación para que compartades con nós […]

Encargos de verán!!

Estamos a punto de acabar o verán, e dende APEM Cee e Apem Vimianzo  NON  atopamos mellor maneira de agradecer a tod@s as persoas que confiaron en nós para encargar os agasallos que entregarían os seus invitados nas bodas, bautizos e comunións que tivemos o longo do verán. Foron moitas e de diversa índole, todo […]

Mostra de artesanía en Corcubión

Outro ano máis aquí estamos de novo participando na Mostra Artesanal de Corcubión, que se realiza durante todo o mes de agosto e no cal levamos participando varios anos Elaboramos entre todos/ as un stand amosando os nosos traballos realizados no Crpl de Cee e Vimianzo e dando a coñecer a nosa asociación mediante a entrega […]

Xunqueira 2016

Esta fin de semana estivemos de festas en Cee, o tempo acompañou e permitiunos desfrutar delas ó máximo!, cinco días de festa dan para moito…, estivemos na sesión vermú, fomos bailar pola noite e asistimos ós espectaculares fogos de artificio. O martes para poñerlle o broche final a tanta festa, asistimos ó concerto de David de María, […]

Sombra para ler

Esta semana a nosa familia da residencia de APEM Cee fixo unha saída moi refrescante, entretida e didáctica ó parque de Toba. Tratándose de combater as altas temperaturas deste mes de agosto e de levar a cabo unha actividade diferente, moi saudable e recomendable, a mellor das opcións presentouse na sombra do parque dos muiños […]

“Correndo pola Costa da Morte”

Esta fin de semana tivo lugar unha nova xornada dos nosos entrevistadores do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” do centro de Cee e de Vimianzo. Como xa vos contamos somos os encargados de facer as entrevistas dos once concellos que compoñen este circuíto. O certo e que cada vez estamos máis contentos porque a […]

Feira do Medievo en Corcubión

Como cada ano acudimos a Feira Medieval celebrada no noso pobo veciño: Corcubión. Como sabedes o longo do verán son moitas as feiras medievais celebradas na nosa contorna, pero sen dúbida para nos é a mellor……. E certo que o rueiro da vila estivo toda engalanada para tal ocasión e todo o casco antigo estivo […]

Participamos no Proxecto GAVEA

Esta semana os CRPL de Cee e Vimianzo puidemos ser partícipes do Proxecto Gavea (Galicia Vela Adaptada) que organiza a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de A Coruña (Cogami), pasamos un día incrible navegando pola ría de Camariñas e disfrutando das maravillosas vistas da zona. Aproveitamos tamén o día para visitar o cabo […]

Correndo pola Costa da Morte

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, […]