Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Ese gran aliado!!!!

O deporte é un gran aliado na sáude mental, por iso en Cee e en Vimianzo sempre tivemos incluída na nosa programación exercicios de motricidade. Pero esta semana en Vimianzo decidimos dar un paso mais e gracias a colaboración que temos co concello comezamos a ir ó ximnasio municipal!! O primeiro día foi de toma […]

I Cea Solidaria APEM

Despois dun mes de moitísimo traballo… Xa pasou! Xa pasou a cea e non podemos estar máis contentos, tivemos un amplo respaldo o venres na cea solidaria celebrada en As Hortensias (Corcubión). Bastaron dúas semanas para completar o aforamento e, así, tal e como se estimaba, acudiron á cita (conmemorando o Día Mundial da Saúde […]

Chega o outono…

… E con el o cambio de tempada no invernadoiro! Xa non hai tomates, berenxena, pepino, pemento de padrón… Pero damos a benvida, por exemplo, ao repolo e aos grelos! Tras a intensa tempada do verán, agora chega unha máis tranquila na que toca preparar a semente e abrigarse para traballar!

Facer cousas novas, sempre trae recompensas!

Hai uns días usuarios/as do CRPL de Cee e Vimianzo realizaron de novo unha ruta en kayak no Ézaro, ata aquí todo normal… Pero se vos dicimos que os acompañantes foron Pereiro e Touriñán da TVG xa vos cambia a cara non? A nós tamén! Foi unha tremenda casualidade atoparnos con eles hai unha semana, […]

Esta semana por fin chegou o noso turno para irnos de vacacións!

O pasado xoves arrancamos dende Vimianzo e Cee cargados de ganas de pasalo ben dirección Hío, pero antes de comezar a nosa viaxe fixemos unha parada no Ézaro para facer unha ruta en kayak pola zona da cascada!! Foi unha experiencia que xa facía tempo que tiñamos ganas de probar e como era de esperar […]

En Vimianzo estamos de estreo…

… ¡Temos un novo local para o CRPL! Tras unha semana de intensa mudanza e lavado de cara co montaxe e desmontaxe dos mobles e a nova pintura nas paredes, hoxe estamos a pleno rendemento no novo local. Todavía nos quedan cousiñas por pulir pero estamos moi contentos de contar con este novo espazo, está […]

Cea Solidaria polo Día Mundial da Saúde Mental

Este ano o Día Mundial da Saúde Mental celebrarase baixo o lema Ponte no meu lugar, conecta comigo, que pretende facer un chamamento a sociedade para que se poñan nos zapatos dunha persoa con trastorno mental e camiñen con eles, sen dúbida, o mellor xeito de entender esta realidade. Con tal motivo en APEM Cee e […]

¡Taller de cociña!

Esta semana en APEM Cee pasamos unha tarde de respostería facendo madalenas e un biscoito con chocolate. Foi divertido aprender a seguir unha receita, pesar todos os ingredientes, tamizar a fariña e ver o resultado, bueno, sobre todo probalo! Porque nos saiu todo riquísimo! Foi un gran traballo en equipo e esperamos repetir!

Festas da Xunqueira en Cee

Este fin de semana estivemos de festa en Cee, o tempo non acompañou, pero eso non nos impediu disfrutar delas ao máximo! O sábado para quentar motores estivemos na sesión vermú coa Orquestra Ritmo Joven e pola noite vimos os fogos de artificio. O domingo acudimos a praza a ver a actuación de Soraya, pasámolo […]

Entrevista mensual na Radio Nordés

Este mércores entrevistamos a Ánxela, unha vimiancesa de quince anos e a primeira aloitadora que participa na Rapa das Bestas de Vimianzo. Pode que sexa a primeira muller e a máis nova de toda Galicia en conseguir algo así. Durante a entrevista contounos cales son as súas afeccións e obxectivos de futuro, sempre ligados aos […]