Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Concurso de comparsas no entroido de Cambre 2015

E por fin chegou o día do concurso de comparsas no entroido de Cambre 2015. A nosa comparsa de tunos desfilou co resto dos participantes e interpretou canción satíricas sobre a actualidade política do noso país, tendo grande éxito entre o público asistente. De seguro que o ano que ven repetiremos coa experiencia.

APEM CELEBRA A SÚA FESTA DE ENTROIDO

O pasado luns 16 de febreiro ás 16:00 h. celebramos no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de entroido que este ano tivo como temática principal a festa discotequeira dos anos 60, 70 e 80 que encarnamos na “DISCO APEM” onde non faltaba detalle, tiñamos dende […]

ENTROIDO 2015 EN APEM CARBALLO.

Como non foi festivo no pobo, celebramos o Martes de Entroido no CRPL, Os Chopos de Carballo con unha festa, onde  o prato forte foi un Concurso de Mascaras Venecianas. As mascaras fóron todas elaboradas nos nosos Talleres baixo a guia de Mónica , a monitora de Foami, e servirón como molde as caras de […]

Entroido 2015 en Cambre

Despois dos preparativos intensos, chegou a festa de entroido en Cambre.  Poidemos degustar as máis exquisitas viandas da nos aterra coma filloas, bica ou buñueliños quentes aportados polos usuarios e traballadores de Apem. A festa tivo a temática da tuna e servíunos de adestramento para o concurso de comparsas que organiza o Concello de Cambre […]

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

En Cee e Vimianzo levamos xa varios días preparando a nosa festa de entroido! Os que nos coñecedes xa sabedes que nos gusta explotar a nosa creatividade ó máximo e estamos xa con moitas ganas de ensinarvos as nosas actuacións e por suposto toda a decoración! Este ano imos volver ó pasado, ós anos 80, […]

En Cambre xa están preparando o entroido

No CRPL de As Mariñas estamos xa a preparar os disfraces para o entroido 2015. A nosa idea é a de preparar unha comparsa que participará no concurso de disfraces que se celebrara o próximo día 21 no concello de Cambre. Iremos de Tunos e esperamos botar unas boas risas.