2Nov, 2015

Festa do Samaín

Por: | Etiquetas:: ,

Este venres en Apem Cambre estivemos de celebración! Recibimos o samaín cunha festa por todo o alto, con concurso de xogos, disfraces, unha comilona que quitaba o hipo e a decoración do centro… non faltaba detalle!!! Todo isto sendo fieis á temática do samaín! foi unha gran festa, xa que todos se implicaran para que todo saíra perfecto dende hai semanas! Buscar menús terroríficos, elaborar a decoración do centro e crear unha “playlist” que evocara o medo e o terror! A verdade é que o pasamos realmente ben, así que […]
Sigue Leyendo

26Oct, 2015

RECOLECTA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO:

Por: | Etiquetas:: , ,

Fai uns meses comentábamos, noutra noticia, que estabamos a recoller tapóns de plástico para Dani, un rapaz de A Barcala (Cambre) con parálise cerebral que precisaba os cartos recadados da reciclaxe dos tapóns para afrontar un custoso tratamento. Pois ben, alegrámonos de informarvos de que Dani xa conseguiu todos os cartos que lle facían falta para o seu tratamento! Sen embargo,no noso centro  temos unha caixa chea de tapóns e pensamos que, se Dani xa non os necesita, outro rapaz os pode necesitar; polo que nos puxemos en contacto ca […]
Sigue Leyendo

19Oct, 2015

Partido cos veteranos do depor

Por: | Etiquetas:: , ,

Este martes pasado disputóuse un torneo de futbol sala para celebrar a semana da saúde mental organizado polo Consorcio de as Mariñas e coa participación  dos equipos de futbol sala de Apem Cambre e Coruña, Asociación A Mariña de Lugo e un equipo de xogadores membros das brigadas de formación do Consorcio. Todos eles foron reforzados con xogadores veteranos do Depor como Songo, Fran, Donato ou Maikel. Estas “Vellas Glorias” amosaron estar nunha forma impecable e derrocharon compromiso durante toda a xornada que finalizou como tódolos anos con un sabor […]
Sigue Leyendo

13Oct, 2015

Camiño de Santiago

Por: | Etiquetas:: , ,

Un grupo de peregrinos do centro de APEM-Cambre desplazóuse os días 30 de setembro e 1 e 2 deste mes a facer por etapas un tramo do Camino Francés que chega a Santiago de Compostela. Esta actividade foi organizada por a nosa federación, FEAFES Galicia, e xunto con usuarios doutras entidades (Andaina, Morea e  Afaes Portanova) realizamos este camino entre outras cousas co obxectivo de erradicar o estigma sobre a enfermidade mental, e por de manifiesto un perfil positivo e normalizador das persoas que sufren desta enfermidade. Ademáis non podemos […]
Sigue Leyendo

5Oct, 2015

TEMPLE STOCK

Por: | Etiquetas:: , ,

Esta fin de semana estivemos presentes no Temple Stock, no polideportivo do Temple (Cambre) unha feira de oportunidades organizada pola Asociación de Empresarios de Cambre, na cal os negocios locais levan os produtos que teñen en stock rebaixados para darlle unha boa saída. Nós, que  fomos convidados pola Asociación de Empresarios,  non quixemos perder esta oportunidade de dar a coñecer todos os nosos produtos feitos a man polos chicos nos talleres prelaborais do noso CRPL. Os asistentes ao polideportivo ademais de botar unha ollada ás diferentes tendas que alí se […]
Sigue Leyendo

28Sep, 2015

Feira do Reciclaxe II

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado domingo 20 APEM Betanzos e APEM Cambre acudimos á feira do reciclaxe en Betanzos, situada na céntrica praza García Hermanos, en horario  de 11.00 da mañá a 20.00 da tarde. Ata alí levamos o noso stand cheo das cousas que os chicos de Betanzos e Cambre realizan nos respectivos talleres prelaborais, moitos deles realizados con produtos reciclados, sendo fieis á temática da feira. Coma en ocasións anteriores, a organización preparou un punto de recollida de alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos do concello e, por […]
Sigue Leyendo

21Sep, 2015

Primeiras clases de pádel en Tenis Marineda

Por: | Etiquetas:: ,

Tras dúas clases, podemos afirmar que a actividade de pádel a que asisten usuarios dos CRPL de As Mariñas e A Coruña son un rotundo éxito cunha participación de 14 persoas distribuidas en dous grupos. A valoración dos participantes tanto das instalacións de Tenis Marineda coma do profe Miguel son excelentes, e só esperamos que fagan olímpico o deporte do Padél.
Sigue Leyendo

14Sep, 2015

CURSO DE PADEL

Por: | Etiquetas::

Esta semana un grupo de asistentes dos CRPL de A Coruña e Cambre, comezaron un curso de padel que durará catro meses. Este curso se imparte nas instalacións do Clube de Tenis Marineda, no concello de cambre, dito clube ten unha grande experiencia no fomento do deporte adaptado e para discapacidade e en esta ocasión nos axudarán a introducirnos nunha actividade deportiva tan interesante como é o padel. A valoración por parte dos participantes da primeira clase asegura que será unha actividade de moito éxito.  
Sigue Leyendo

7Sep, 2015

BENVIDO SETEMBRO:

Por: | Etiquetas::

Ca chegada deste mes, voltamos á rutina no  noso CRPL, o centro cada vez está mais cheo xa que pouco a pouco, os chicos van  rematando  as súas vacacións e ademais  xa rematamos o horario de verán, e polo tanto temos as tardes ocupadas. Así pois, volven as tardes de ocio, as tardes de xogos e manualidades, as tardes de música, as tardes de deporte, fútbol, baile e paseos polo paseo marítimo do Burgo cando o tempo no lo permite e as tardes de cine; esta última consiste no visionado […]
Sigue Leyendo