11Ene, 2016

Entroido!!!!!!!!!!!!!!!

Por: | Etiquetas:: ,

Case estamos dixerindo os turróns do Nadal e xa estamos a pensar no Entroido, o motivo é que este ano o Entroido cae a comezos de febreiro e nos queda pouco tempo para organizar e preparar os disfraces. Nós, polo pronto, xa tivemos unha primeira reunión na cal elaboramos unha chuvia de ideas acerca do tema, a música e unha primeira aproximación do que será a letra… aínda queda moito traballo por facer así que estamos mans á obra! Se queredes saber máis tendes que esperar a febreiro!     […]
Sigue Leyendo

4Ene, 2016

Feliz Ano 2016

Por: | Etiquetas:: , ,

Dende Apem Cambre queremos felicitarvos este novo ano que entra e desexamos que sexa tan bo ou mellor que o 2015. Nós, polo pronto, lle demos unha moi boa benvida, aínda que iso si, un día antes!a través das campanadas do 30 de decembro con Ramón García e Anne Igartuburu como protagonistas, que este ano fixeron dobre sesión! Tomamos as 12 uvas da sorte e brindamos para que o 2016 sexa de recordar! FÉLIZ ANO A TODOS!  
Sigue Leyendo

28Dic, 2015

Festa de Nadal

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado mércores 23 de Xaneiro en Apem Cambre festexamos a nosa particular festa do Nadal, na que non faltou de nada; así pois, nun primeiro momento estivemos vendo varios vídeos e fotomontaxes de todos os integrantes do noso CRPL caracterizados con motivos  de Nadal, e posteriormente un vídeo que resume o vivido neste ano 2015 que está por finalizar, feito por unha das nosas usuarias, Cris, a quen lle estamos moi agradecidos. Tras isto, comezaron os xogos cooperativos e o bailoteo con música de todo tipo, e o sorteo […]
Sigue Leyendo

21Dic, 2015

Bribes: Belén vivinte

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado domingo 13 de decembro os usuarios, familiares e profesionais de Apem Cambre disfrutamos dunha xornada festiva no belén vivinte de Bribes, no que cada cal tiña o seu propio rol dentro do belén, así pois, tiñamos lavandeiras, polleiras,  carniceiras, costureiras, labradores, leñadores, alfareiros e incluso  un san xosé! Ademais tamén preparamos o nosa propia coral onde amenizamos aos visitantes con panxoliñas xunto cos rapaciños de Bribes e un grupo de gaiteiros. Sen esquecer o estupendo belén de fofuchas que tanto éxito tivo, no cal os nosos chicos estiveron  […]
Sigue Leyendo

14Dic, 2015

Visitamos a Carpa «Máis Que Capaces»

Por: | Etiquetas:: , ,

O Pasado venres, aproveitando a inauguración da feira Mais que Capaces e da feira de empresarios, achegámonos ata “ExpoCoruña” para visitar todos os postos que estaban alí montados, e sobre todo, para visitar aos nosos compañeiros de Coruña que estaban ao fronte do posto de Apem! Ademais de pasar unha mañá agradable, houbo quen aproveitou para facer algún  regaliño de Nadal, ou quen se comprou un caprichiño para si mesmo!
Sigue Leyendo

7Dic, 2015

Conta a túa versión

Por: | Etiquetas:: , ,

O pasado 3 de decembro, coincidindo co día mundial da diversidade funcional, achegámonos ata o local sociocultural da Barcala para participar  na primeira exposición de relatos organizada pola Asamblea Cidadá de Cambre. Alí, nun primeiro momento, leuse un manifesto reinvidicativo a prol da loita dos dereitos das persoas con diversidade funcional, e mais tarde, foron os chicos e chicas do noso CRPL os que se encargaron de subir “ao estrado” para ler, en primeira persoa, as súas vivencias e experiencias ca enfermidade mental. Tras isto, expuxéronse todos os relatos nun […]
Sigue Leyendo

30Nov, 2015

Super magosto en Cambre

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado sábado 14, a organización xuvenil do Concello de Cambre organizou un gran magosto popular para uso e disfrute de tódolos veciños da parroquia situado debaixo dos pontes da autopista con castañas asadas de balde para todo aquel que se acercara ata alí e con diferentes actividades e actuacións para todos os públicos, como xogos populares para nenos (e non tan nenos…), actuacións en vivo e xa pola noite actuacións de distintos grupos de rock como “Hormigón”, “Malasombra” e “Huella”. Ademais tamén había diferentes postos de artesanía,que vendían os […]
Sigue Leyendo

23Nov, 2015

As Mariñas visitan Edar-Bens

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado Xoves un grupo de usuarios do CRPL de As Mariñas  fixeron unha visita a planta de reciclaxe de augas Edar-Bens. En dita planta aparte da visita as instalación, déronnos información moi útil sobre como coidar o medio ambente no eido da xestión das augas residuais. En definitiva unha visita moi proveitosa.  
Sigue Leyendo

16Nov, 2015

En Cambre…nos fuimos o Aquaruim!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

  O pasado mércores, aproveitando a semana científica e que os museos de carácter científico da Coruña (A Casa das Ciencias, O Domus e a Casa dos Peixes) eran gratuítos acercámonos ata A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae  e poder disfrutar de toda a diversidade de peixes, moluscos e algas que atopamos nos diferentes espazos; ademais das distintas actividades interactivas e didácticas que nos ofrece dito museo. Tamén puidemos disfrutar dunha estupenda mostra de fotografía adicadas a animais e prantas, e como colofón final a visita das focas. Aínda […]
Sigue Leyendo

9Nov, 2015

Festa de Samaín (II parte)

Por: | Etiquetas:: , , ,

E seguimos de resaca da festa de samaín que celebramos o pasado venres 30 de outubro! Debido a que o quixemos facer ao grande que nos sobrou moitísimo comida monstruosa que aínda a estamos a dixerir. Para elaborar estes manxares, primeiro buscamos as receitas na web e despois nos improvisamos unha cociña nun recunchiño e nos puxemos mans á obra: cada un de nos colaborou e trouxo algún ingrediente: pan, fiambre; ovos cocidos, patacas fritas, galletas, carne ou pan para facer mini hamburguesas…ademais da bebida. A decoración tamén foi un […]
Sigue Leyendo