2Mar, 2015

unha semana chea de entrevistas

Por: | Etiquetas:: , , , ,

Esta semana estivo chea de entrevistas!!! Por un lado; os nos@s chicos de Cee e Vimianzo tiveron o honor de participar na entrevista  ao doutor Díaz del Valle, especialista na área de psiquiatría, a cal se poderá ler no próximo número da revista. Por outro lado; a entrevista que facemos mensualmente nesta ocasión se lles fixo a dous mozos emprendedores aquí na Costa da Morte coa apertura da tenda Dafit store en Cee, onde nos ofrecen adestramento persoal e todo o relacionado con saúde e beleza. Dende aquí queremos agradecerlle […]
Sigue Leyendo

23Feb, 2015

APEM CELEBRA A SÚA FESTA DE ENTROIDO

Por: | Etiquetas:: , , ,

O pasado luns 16 de febreiro ás 16:00 h. celebramos no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de entroido que este ano tivo como temática principal a festa discotequeira dos anos 60, 70 e 80 que encarnamos na “DISCO APEM” onde non faltaba detalle, tiñamos dende pista de baile, barra de cócteles e cabina de DJ! Para este evento contamos coa colaboración dos alumnos da academia de baile “Arte e Movemento”que foron os encargados de abrir o baile. Tamén participaron familiares e […]
Sigue Leyendo

16Feb, 2015

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Por: | Etiquetas:: , , ,

En Cee e Vimianzo levamos xa varios días preparando a nosa festa de entroido! Os que nos coñecedes xa sabedes que nos gusta explotar a nosa creatividade ó máximo e estamos xa con moitas ganas de ensinarvos as nosas actuacións e por suposto toda a decoración! Este ano imos volver ó pasado, ós anos 80, e invitámosvos á nosa discoteca particular! Discotequeros, hippies, rockeros,chicas da época… e uns pinchos moi orixinais son os nosos ingredientes para pasar unha tarde repleta de diversión. Amosámosvos algúns momentos de traballo e na próxima […]
Sigue Leyendo

9Feb, 2015

Desta si!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

Fai unhas semanas comentamos que no próximo partido de fútbol sala da liga de Feafes, sairiamos pola porta grande e así foi. Neste caso o equipo rival foi a Asociación Portanova, estivo moi emocionante xa que os chicos dérono todo e ó final proclamámonos vencedores!!.
Sigue Leyendo

2Feb, 2015

Entrevista: Club Triatlón Costa da Morte

Por: | Etiquetas:: , , ,

Xa que cada día é maior a afección polo deporte na sociedade, esta semana os nosos chicos decidiron entrevistar tanto a Francisco Rodríguez Garrido o presidente do Club Triatlón Costa da Morte como a José Tomé Súarez o secretario. A iniciativa de formar o club xurdiu fai un mes cando un grupo de mozos emprendedores pretendían fomentar a participación dos cidadáns  no deporte, resaltando os que forman o Triatlón ; a natación, ciclismo e running. Os usuarios realizaron todo tipo de preguntas ós entrevistados e foi todo un éxito.
Sigue Leyendo

26Ene, 2015

Baixando as comilonas navideñas

Por: | Etiquetas:: , ,

Despois dunhas datas farturentas do nadal os nosos chicos comezan o ano con gañas de queimar calorías!, e nada mellor que participar na liga de fútbol sala de Feafes . Nela xogamos once asociacións de toda Galicia pertencentes a dita federación. Neste partido enfrontámonos á Asociación Morea e tivemos mala pata; aínda que puxemos todo o noso empeño, e comezamos gañando, ó final os nosos visitantes acabaron impoñéndose. De todas formas como somos bos deportistas quedámonos con iso de que: o importante é participar! Desde xa comezaremos a prepararnos para […]
Sigue Leyendo

19Ene, 2015

Campaña MENTALÍZATE, chega a Cee e Vimianzo

Por: | Etiquetas:: , , , ,

O pasado xoves dúas das nosas profesionais de Cee e Vimianzo comezaron coas charlas de sensibilización da Campaña Mentalízate, promovidas por FEAFES, no I.E.S. Pedra da Aguía en Ponte do Porto, pasaron unha agradable mañá cos alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. falando do traballo da nosa entidade e da enfermidade mental, resolvendo todo tipo de dúbidas e intentado liberalos de calquera prexuízo ou idea preconcebida ao respecto; estiveron moi colaboradores e os resultados foron tremendamente positivos! E con esta motivación seguiremos coas charlas no C.E.I.P Manuela Rial e […]
Sigue Leyendo

12Ene, 2015

Os Reis Magos en Cee

Por: | Etiquetas:: , , ,

A pasada semana estivo chea de emocións en Cee, chegaron os Reis! E non paramos: O luns fixemos unha saída para ver a cabalgata, acompañada de fogos de artificio e gaiteiros, xa que non conseguimos moitos caramelos tomamos un café con churros! E o martes pola mañá os nosos usuarios/as almorzaron o clásico roscón de Reis e abriron os regalos! Agora toca o máis difícil, a volta á normalidade!!      
Sigue Leyendo

5Ene, 2015

En Cee tamén teñen a súa Porta do Sol

Por: | Etiquetas:: , , ,

Esta semana na residencia de Cee estiveron de festa rachada dándolle a benvida ao ano novo: comeron as uvas, brindaron e estiveron de baile ata as tantas da mañá! Xa queda menos para rematar as festas, pero estamos aproveitandoas ao máximo, e para a semana todavía quedan moitas sorpresas… Aquí vos deixamos unha foto dende a nosa particular Porta do Sol na que varios dos usuarios/as de Cee vos desexan un feliz 2015!  
Sigue Leyendo

30Dic, 2014

APEM CELEBRA A SÚA FESTA DE NADAL NA LOCALIDADE DE CEE

Por: | Etiquetas:: , ,

O martes, 23 de decembro ás 16,30 h. celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o nadal. Comezou a festa cun entrañable vídeo feito polo persoal da asociación onde se lle facían preguntas os usuarios relacionadas co nadal. Aparecían imaxes deles de cando eran nenos e contaban anécdotas daquela época. A gravación finalizou cunha panxoliña escenificada por todos. Despois desfrutamos da actuación en directo do cantante Sergio Trillo, “Serj”, que nos deixou abraiados tanto pola […]
Sigue Leyendo